Voluntariat lingüístic a les universitats

Ajuda a un estudiant de fora de Catalunya a integrar-se plenament a la universitat i la nostra cultura. Els serveis lingüístics de cada universitat t'explicaran como fer-ho. Posa-t'hi en contacte.

Universidade Autónoma de Barcelona

UAB

A UAB oferta ao alumnado recén chegado a posibilidade de participar no programa de Voluntariado Lingüístico, que lle permitirá estar en contacto cun estudante local para practicar catalán e coñecer a realidade lingüística e cultural catalá de primeira man. Realízanse un total de oito encontros que organiza cada parella pola súa conta.

Universidade Politécnica de Cataluña

UPC

A UPC conta cun programa de mentorías, o SALSA’M, a través do cal poderás entrar en contacto con estudantes de aquí. Eles e elas axudaranche a te familiarizares co funcionamento da universidade e a practicares linguas.

Universidade Pompeu Fabra

UPF

O programa de intercambio lingüístico (parellas lingüísticas) do Voluntariado Lingüístico da Universidade Pompeu Fabra ten como obxectivo favorecer a aprendizaxe de linguas entre o alumnado catalán e potenciar a aprendizaxe e o coñecemento da lingua catalá (e/ou da lingua castelá) entre o alumnado internacional, nunha relación bilateral informal e de proximidade coa cal tamén se pretende reforzar a integración do estudantado internacional en Cataluña e a “internacionalización na casa” do estudantado catalán.

Universidade de Lleida

UdL

Os voluntarios lingüísticos acompañan os membros da comunidade universitaria de fóra do ámbito catalán na aprendizaxe da lingua, no coñecemento do territorio máis próximo e no descubrimento da cultura catalá. Tamén poden ser un punto de referencia para unha boa estadía na UdL e na cidade de Lleida.

Universidade de Xirona

UdG

O voluntariado lingüístico está deseñado para persoas que queren axudar a outras a aprender catalán dun xeito máis informal. Na UdG poñemos en contacto estudantes locais con estudantes de mobilidade que queren aprender ou practicar a nosa lingua.

Universidade de Vic

UVic

Queres facer voluntariado? Na UVic o voluntariado lingüístico está incluído dentro do programa Mentor, un programa de acollida de estudantes de fóra de Cataluña que fan unha estadía de intercambio no Campus Vic da UVic-UCC. Este programa permíteche implicarte en actividades de voluntariado dentro dun contexto intercultural e, ademais, facilita a integración académica, lingüística e cultural do alumnado de acollida.

Para participares, consulta a páxina do Programa Mentor.

Universidade Internacional de Cataluña

UIC

Queres practicar catalán cun falante nativo? Apúntate ao programa Tándems lingüísticos da UIC Barcelona. Porémoste en contacto cunha persoa que che poida ensinar catalán e que, ao mesmo tempo, queira practicar a túa lingua. Terás a liberdade de organizar as reunións cando e onde mellor che vaia.

Universidade Abat Oliba CEU

UAO

Queres axudar aos estudantes internacionais a practicaren o catalán? Ou, pola contra, queres poñerte en contacto cun estudante local que che axude a dar os primeiros pasos na lingua catalá? Na UAO CEU podes facelo a través do Tándem UAO CEU.

Voluntarios pola lingua

Se falas catalán e tes un intre para conversar cunha persoa que quere practicar o idioma, faite voluntario e acompaña a alguén de xeito presencial ou virtual na súa aprendizaxe.

Contacta con persoas que queren aprender catalán

E desde fóra de Cataluña?

Se queres estar en contacto co catalán desde fóra de Cataluña, podes facelo a través da Rede universitaria de estudos cataláns no exterior ou nas Comunidades Catalás do Exterior.

Comunidades Catalás do Exterior

O intercambio lingüístico consiste en crear parellas de intercambio de conversa entre un estudante de mobilidade que está a aprender catalán e un estudante catalanfalante que quere practicar outra lingua. A maioría das universidades catalás dispoñen de bolsas de intercambio lingüístico mediante as que poñen en contacto os estudantes en función das linguas que queiran intercambiar. A partir de aquí, son os propios estudantes os que xestionan os seus encontros.

En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Secretaría de Política Lingüística, como alumno.
 

Se queres estar en contacto co catalán desde fóra de Cataluña podes facelo a través da Rede Universitaria de Estudos Cataláns no Exterior ou das comunidades catalás do exterior.

Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo nalgunha das universidades catalás, podes participar nas diferentes actividades de intercambio ou voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.

En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Dirección Xeral de Política Lingüística, como alumno.