Practica o catalán e pásao ben!

Queres coñecer outros estudantes mentres aprendes catalán? As universidades catalás ofrécenche intercambios lingüísticos e culturais con outros estudantes nos seus programas de acollida. Ven, aprende, practica e relaciónate.

Ells ja ho han fet. No t'ho perdis!

Vols conèixer altres estudiants mentre aprens català? Les universitats catalanes t'ofereixen intercanvis.

Imaxe de Alex durante a entrevista sobre o programa Mentor da Universidade de Vic

Alexander Magnusson

"O programa Mentor en tres adxectivos: divertido, emocionante e didáctico"
Imaxe de Pedro a gravarse nun vídeo curto no que fala da súa experiencia co programa de voluntariado lingüístico

Pedro (Portugal)

"O Voluntariado Lingüístico permitiume arraigarme máis en Cataluña"
Katherine, de Canadá, fala dos seus estudos de catalán durante o seu Erasmus no curso 2018-2019

Katerine (Canadá)

"Recomendo este programa a todo o mundo independentemente do seu nivel de catalán"
Jiang Meijie (China), a sorrir ante a cámara

Jiang Meijie (China)

"Estudo catalán porque é a lingua oficial de Cataluña"

Coñece os nosos materiais e practica o catalán!

image/svg+xml
Coñezo o país
Conversamos
Texto
Pdf
Obxectivos

vincular a aprendizaxe lingüística á realidade social, histórica e cultural de Cataluña.

Descrición

material de apoio para a aprendizaxe do catalán do alumnado de nivel inicial que segue cursos presenciais, asiste a centros de autoaprendizaxe ou ben participa en programas de intercambio lingüístico. 

Elaborado pola Universidade de Barcelona.

 

image/svg+xml
Conversamos
Conversa
Aplicación
Obxectivos

potenciar o uso social do catalán mediante aplicacións tecnolóxicas.

Descrición

aplicación gratuíta para atopar parella lingüística. O xeolocalizador permite atopar unha persoa voluntaria que fala catalán fluidamente e unha persoa con ganas de aprender a lingua, que teña coñecementos básicos do idioma pero desexe adquirir fluidez. Elaborada pola Plataforma pola Lingua co apoio da Generalitat de Cataluña, o Goberno das Illas Baleares, a Generalitat Valenciana e os donativos de 205 mecenas.

 

image/svg+xml
Como acoller
Comezo a falar
Competencia comunicativa
Conversamos
Escribo
Leo
Falo
Autoaprendizaxe
Guía didáctica
Materiais lingüísticos
Texto
En liña
Obxectivos

Promover a conversa entre os participantes do programa Voluntariado pola lingua (VxL), o profesorado de cursos de catalán presenciais ou en liña como recurso didáctico na aula, o alumnado como material de reforzo fóra da aula e todas as persoas que queiran aprender e practicar catalán.

Descrición

Fils de conversa consta de 10 unidades temáticas que tratan temas de actualidade e en cada unha sempre atoparás catro bloques que chamamos fíos: Mira i parla (‘mira e fala’); Escolta i parla (‘escoita e fala’); Guaita i opina (‘observa e opina’) e Parlem-ne i fem (‘falemos e fagamos’). Cada fío propón catro actividades dirixidas a presentar vocabulario, fomentar a lectura entre iguais, practicar estruturas lingüísticas e comunicativas e, sobre todo, facilitar a conversa.

Este material ofrece máis de 300 actividades que promoven a interacción e a conversa. Consulta a guía de uso (Guia d'ús) para obter unha explicación máis detallada de como funciona.

Elaborado pola Secretaría de Política Lingüística.

image/svg+xml
Como acoller
Conversamos
Conversa
Texto
vocabulario
Pdf
Descrición

Fichas de apoio para as persoas (mentores, voluntarios lingüísticos) que acollen os estudantes que se inician na aprendizaxe do catalán. O material consta de sete fichas que reflicten situacións reais do día a día e conteñen léxico e expresións habituais e información gramatical.

Este proxecto foi elaborado polos técnicos de dinamización lingüística dos servizos lingüísticos universitarios co apoio da Secretaría de Universidades e Investigación do Departamento de Empresa e Coñecemento.

image/svg+xml
Como acoller
Conversamos
Pluriculturalidade
Conversa
Pdf
Obxectivos

Proporcionar ideas, orientacións e propostas para xestionar de forma autónoma os intercambios lingüísticos e reflexionar sobre as similitudes e diferenzas entre culturas e países á hora de vivir e organizarse.

Descrición

A guía, editada en formato PDF e dispoñible en varias linguas (catalán, castelán, inglés, francés, alemán, italiano, occitano, portugués e chinés), consta de dous apartados. No primeiro, explícase en que consiste un intercambio lingüístico e trátanse temas como a estrutura do encontro, a duración, o lugar ou as actividades que se poden levar a cabo. No segundo, propóñense temas de conversa e ofrécese información para reflexionar sobre as semellanzas e as diferenzas entre culturas e países á hora de vivir e organizarse.

Recurso elaborado polos servizos lingüísticos universitarios co apoio da Secretaría de Universidades e Investigación do Departamento de Empresa e Coñecemento.

 

image/svg+xml
Comezo a falar
Conversamos
Conversa
vocabulario
Pdf
Obxectivos

Ofrecer vocabulario básico en imaxes que se dirixe ás persoas que acaban de chegar a Cataluña e non coñecen a lingua catalá.

Descrición

Ten dúas partes: a primeira parte consiste nun vocabulario en imaxes; a segunda parte está integrada por unha breve guía de conversa. O vocabulario ten máis de mil palabras en catalán, que aparecen asociadas a unha ilustración e están agrupadas por temas (a gardería, a escola de adultos, a farmacia, as herbas e as especias, as comidas, etc.). O centro de interese ao que corresponde cada lámina atópase en catalán, castelán, francés, inglés, italiano, alemán, árabe, chinés, ucraíno e ruso. Inclúe un mapa comarcal e un mapamundi.

 

image/svg+xml
Comezo a falar
Conversamos
Audio
Conversa
vocabulario
MP3
Pdf
Obxectivos

S’adreça a persones que volen practicar la fluïdesa en català i escoltar diferents varietats dialectals.

Descrición

recompilación de conversas sobre temas da vida cotiá que se inician por un nivel básico e van aumentando de dificultade. Os diálogos pódense ler en formato PDF e escoitar en MP3.

image/svg+xml
Como acoller
Comezo a falar
Conversamos
Conversa
Guía didáctica
vocabulario
Pdf
Obxectivos

ofrecer unha proposta didáctica en relación coas láminas para que os profesionais dispoñan dun modelo de fácil aplicación na aula

Descrición

inclúe dúas series diferentes, ambas as dúas indicadas para a acollida lingüística e para un nivel básico. A primeira colección contén 23 láminas que presentan diálogos sobre actividades cotiás e unha guía didáctica para facilitar a súa utilización na aula. A segunda colección contén 17 láminas que presentan diálogos baseados en feitos e personaxes históricos de Cataluña que se recollen en nomes de rúas.

 

image/svg+xml
Conversamos
Falo
Conversa
Texto
vocabulario
Pdf
Obxectivos

facilitar o diálogo e a conversa entre as persoas que aprenden catalán e as voluntarias que forman parte do programa de voluntariado pola lingua, así como nos clubs de lectura e entre os estudantes dos cursos de lingua catalá.

Descrición

trátase de distintos títulos de temas, un material pensado para promover o diálogo e a conversa, á vez que se reforza a aprendizaxe da lingua a través da lectura.

 

Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo nalgunha das universidades catalás, podes participar nas diferentes actividades de intercambio ou voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.

En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Secretaría de Política Lingüística, como alumno.

O intercambio lingüístico consiste en crear parellas de intercambio de conversa entre un estudante de mobilidade que está a aprender catalán e un estudante catalanfalante que quere practicar outra lingua. A maioría das universidades catalás dispoñen de bolsas de intercambio lingüístico mediante as que poñen en contacto os estudantes en función das linguas que queiran intercambiar. A partir de aquí, son os propios estudantes os que xestionan os seus encontros.

En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Secretaría de Política Lingüística, como alumno.
 

Se queres estar en contacto co catalán desde fóra de Cataluña podes facelo a través da Rede Universitaria de Estudos Cataláns no Exterior ou das comunidades catalás do exterior.

Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo nalgunha das universidades catalás, podes participar nas diferentes actividades de intercambio ou voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.

En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Dirección Xeral de Política Lingüística, como alumno.