Alexander Magnusson
Transcrición
Chámome Alexander José Magnusson Amorós, estou en terceiro ano de Enxeñería Mecatrónica. Fun mentor porque quería coñecer xente doutros lugares de Europa. Ser mentor consiste basicamente en facer de primeiro contacto cos estudantes que chegan de Erasmus doutras universidades. E unha vez están aquí tes a vantaxe de coñecelos, compartir tempo con eles e aprender moitas cousas do seu país. Decidín ser mentor porque me gusta coñecer xente nova e decidín probalo e foime moi ben, a verdade. Beneficios tirei moitos, aínda que non académicos, porque non quixen. Sempre podes pedir un crédito se fas unha memoria, pero interesábanme máis os beneficios persoais: as amizades, as experiencias que tiras, a práctica do idioma, aprender novos idiomas e novas culturas e algunha festa con estes rapaces e rapazas. Hoxe en día aínda falo moito cos amigos que coñecín grazas ao programa Mentor. Co primeiro mentorado que tiven fixémonos moi amigos, viaxamos xuntos, funo visitar tamén alí, el é de Budapest, e tamén teño ganas de poder volver. E con outras rapazas que estiveron aquí o semestre pasado, de Austria, tamén continuamos a falar. Recomendaría isto a todo o mundo. As experiencias, eu son un tío ao que lle gustan moito as experiencias. Queres abrirte, queres coñecer xente, queres falar inglés. Non sei, axúdache moito. E se non podes marchar de Erasmus tamén é unha maneira de facer un Erasmus local. Se tivese que describir o programa Mentor con tres adxectivos, serían: divertido, emocionante e didáctico. Antes de que me asignasen un estudante creeime unha expectativa moi alta, cría que coñecería moita xente de Europa, e, polo menos, coñecería moi ben o meu mentorado, seriamos moi amigos e para sempre, non? E a experiencia foi tal e como a imaxinara a primeira vez. Coñecino, caémonos moi ben. Realmente creo que o programa consiste niso: atopar amizades novas que poden facerte crecer, tanto persoal como profesionalmente, academicamente ou… Crecer. Faite mentor!