Que é intercat?

Intercat é un conxunto de recursos electrónicos nunha contorna web —materiais didácticos, documentación sociolingüística e información sobre voluntariado lingüístico, entre outros aspectos— para introducirse na lingua e a cultura catalás, pensado especialmente para estudantes de programas de mobilidade que visitan as universidades de Cataluña.

Contén tres apartados diferenciados:

  • Aprendo catalán: ferramentas de aprendizaxe autónoma da lingua catalá (SpeakCat, guías de conversa universitarias...).
  • Relaciónome: información e actuacións relacionadas coa acollida lingüística e cultural dos estudantes foráneos (intercambio lingüístico, 80 pistas, Ajuda'm...).
  • Vivo en Cataluña: documentación referente ao coñecemento da identidade catalá e ao ámbito universitario catalán (O catalán en Cataluña, O catalán na universidade, Lingcat e Barcelona Jove...).