Tes algunha dúbida ou suxestión?

Queres explicarnos a túa experiencia?

Sabías que...?

Os estudantes de programas de intercambio comparten as aulas cos estudantes cataláns.

Testemuños

«Matriculeime no curso de catalán porque quería aprender a lingua de Cataluña. Por outra banda, isto permitirame facer un curso de catalán cando volva a Inglaterra, no meu último ano de carreira, e quería coñecer un pouco a lingua antes de empezalo.»

Intercambio lingüístico

Onde está Cataluña?

Cataluña, situada ao nordés da península ibérica, ten unha superficie aproximada de 32.000 km2 e unha poboación de máis de 7.000.000 de habitantes. Forma unha comunidade autónoma dentro de España, cunha institución de goberno propia, a Generalitat de Catalunya.

A oferta universitaria de Cataluña é un reflexo da súa sociedade: multidisciplinar, multidimensional, multilingüe, onde comparten experiencias cidadáns de todo o mundo. Unha convivencia cívica de diferentes culturas, pero cunha forte tradición da cultura catalá que admira a diversidade.

Neste mapa atoparás a localización exacta de todos os servizos lingüísticos das universidades catalás. Achégate ao da túa universidade e goza de todas as facilidades, produtos e servizos pensados para ti.


Mostra un mapa meirande