Tes algunha dúbida ou suxestión?

Queres explicarnos a túa experiencia?

Sabías que...?

Dos 13,5 millóns de persoas que viven no ámbito lingüístico catalán, máis de 9 millóns falan esta lingua e 11 enténdena.

Testemuños

«Matriculeime no curso de catalán porque quería aprender a lingua de Cataluña. Por outra banda, isto permitirame facer un curso de catalán cando volva a Inglaterra, no meu último ano de carreira, e quería coñecer un pouco a lingua antes de empezalo.»

Intercambio lingüístico

Intercambio lingüístico

Queres facer un intercambio de conversación catalán - outra lingua con estudantes estranxeiros da túa universidade? Explicámosche como facelo!

  • Universidade de Barcelona (UB)

    Os Servizos Lingüísticos organizan actividades culturais para as persoas que participan nos intercambios de conversa, para aprender linguas mentres realizan visitas culturais, excursións, xogos, encontros, etc.

    Para participar nestas actividades de forma gratuíta, debes apuntarte á bolsa de intercambio lingüístico.

    Solicita máis información sobre o grupo de conversa en catalán en: acollida.sl@ub.edu.

  • Universidade Autónoma de Barcelona (UAB)

    Queres participar nunha actividade de intercambio lingüístico e cultural na túa universidade á vez que coñeces estudantes da UAB? Programa Tándem

    Queres axudar a un estudante de mobilidade na súa integración lingüística e cultural? Gustaríache recibir a axuda dun estudante local para practicar o catalán e coñecer aspectos da cultura catalá? Experimenta o programa de acollemento!

  • Universidade Politécnica de Cataluña (UPC)

    Apúntate a un intercambio lingüístico e practica linguas con persoas nativas. Ao participar non só mellorarás os teus coñecementos de inglés e outros idiomas, senón que tamén coñecerás xente e culturas doutros lugares, e pasaralo en grande. Compróbao! É de balde e aberto a todos.

    Talk 10

  • Universidade Pompeu Fabra (UPF)

    O programa de parellas lingüísticas do voluntariado lingüístico da UPF favorece o intercambio lingüístico, cultural e persoal entre os estudantes internacionais que realizan unha estancia na UPF e os estudantes cataláns. Ten un obxectivo dobre: por unha banda, facilitar a integración lingüística e cultural dos estudantes internacionais e, por outra, estimular a aprendizaxe de linguas e a internacionalización entre os estudantes cataláns. O programa tamén dá apoio aos estudantes de lingua española ou doutras linguas sen demanda que desexan aprender catalán, aos que se lles asignan voluntarios lingüísticos que lles axudarán a conseguir este obxectivo sen intercambio lingüístico propiamente.

    Consulta toda a información na páxina web do programa!

  • Universidade de Xirona (UdG)

    Tándems lingüísticos: poderás conversar na lingua estranxeira que coñeces ou que estás a estudar cun estudante que participa en programas de mobilidade. Isto permitirache consolidar a lingua oral e aprender nun ambiente fóra da aula. Sube ao tándem lingüístico e pon a lingua en marcha!

    Tándem virtu@l: pensado para as persoas que queren poñerse en contacto cun estudante de catalán situado en calquera parte do mundo mediante Skype, correos electrónicos, chat, Messenger…

  • Universidade de Lleida (UdL)

    Queres falar outra lingua e non sabes con quen? Apetéceche participar en actividades en terceiras linguas (é dicir, visitas guiadas, quedadas, clubs de lectura, etc.)?

    Apúntate á bolsa de intercambio lingüístico da UdL.

  • Universidade Rovira i Virgili (URV)

    Estás a buscar unha persoa para realizar un intercambio lingüístico?

    Só tes que entrar na nosa páxina de intercambios lingüísticos da URV en Facebook e engadir unha entrada no muro. Deberás especificar o teu nome, que linguas ofreces e cales che interesaría practicar. A partir de aquí, se ves unha oferta de intercambio que che interesa, contacta coa persoa a través da mensaxería integrada no teu perfil de Facebook para concretar a data e o lugar do encontro.

    Máis información

  • Universidade Internacional de Cataluña (UIC)

    A Unidade de Catalán leva a cabo, ao longo do curso, unha serie de actividades orientadas a promover a interacción entre o alumnado local e o de intercambio. Neste sentido, damos a coñecer e dinamizamos os tándems lingüísticos. Un tándem lingüístico é un xeito informal e gratuíto de aprender linguas: trátase de intercambios entre estudantes locais e estudantes estranxeiros que se poñen de acordo en función da lingua que desexan aprender/ensinar e, mediante sesións de conversa, melloran as súas habilidades lingüísticas nos idiomas seleccionados. Participa!

Se es estudante de mobilidade, esta app é para ti.

As universidades propoñen

Tes unha parella lingüística? Queres saír con ela e outros estudantes da UPF?

Ruta per Barcelona de Picasso i de Miró

Próxima actividade: Barcelona 25/2/2017

Apuntádevos ás visitas guiadas!

Os estudantes internacionais da UB móvense

Ciència amb xocolata: Els secrets del bestiari modernista

Próxima actividade: Barcelona 28/2/2017

Acompáñaos!

Tes unha parella lingüística? Queres saír con ela e outros estudantes da UPF?

Cap de setmana turístic i/o d'esquí al Principat d'Andorra

Próxima actividade: Principat d'Andorra del 3 al 5/3/2017

Apuntádevos ás visitas guiadas!

Sabes que é...?

Samfaina

Samfaina

Guiso que adoita servir de acompañamento feito con pemento, tomate, berenxena, cebola e cabaciño.

Glosario