Tes algunha dúbida ou suxestión?

Queres explicarnos a túa experiencia?

Sabías que...?

Aproximadamente o 60% das clases das universidades catalás é en catalán. A lingua en que se imparte cada materia é unha información pública que aparece nas guías docentes.

Testemuños

«Gústame moitísimo aprender catalán para integrarme na sociedade de Cataluña e, ademais, facilítame poder falar cos meus veciños e amigos. Fago un máster en Telecomunicación e gustaríame moito defender o meu proxecto final en catalán, non só porque é un reto para min, senón porque me gusta moito este idioma e relacionarme cos cataláns na súa lingua.»

Intercambio lingüístico

Que é Intercat?

Intercat é un conxunto de recursos electrónicos nunha contorna web —materiais didácticos, documentación sociolingüística e información sobre voluntariado lingüístico, entre outros aspectos— para introducirse na lingua e a cultura catalás, pensado especialmente para estudantes de programas de mobilidade que visitan as universidades de Cataluña.

Contén tres apartados diferenciados:

  • Aprendo catalán: ferramentas de aprendizaxe autónoma da lingua catalá (Speakcat, guías de conversa universitarias....
  • Relaciónome: información e actuacións relacionadas coa acollida lingüística e cultural dos estudantes foráneos (intercambio lingüístico, 80 pistas, Ajuda'm...).
  • Vivo en Cataluña: documentación referente ao coñecemento da identidade catalá e ao ámbito universitario catalán (O catalán en Cataluña, O catalán na universidade, Lingcat e Barcelona Jove...).

Esta plataforma multimedia creouse no ano 1999 como unha iniciativa dos servizos lingüísticos de nove universidades catalás e da Oficina de Política Lingüística, e foi cofinanciada pola Unión Europea, o Departamento de Universidades, Investigación e Sociedade da Información e as universidades públicas catalás. A partir do ano 2007, foi o Secretaría de Universidades e Investigación do Departamento de Economía e Coñecemento o que se fixo cargo da actualización e o mantemento deste portal.

Se es estudante de mobilidade, esta app é para ti.

As universidades propoñen

Os estudantes internacionais da UB móvense

Visita al refugi antiaeri de la plaça del Diamant

Próxima actividade: Barcelona 7/3/2017

Acompáñaos!

Tes unha parella lingüística? Queres saír con ela e outros estudantes da UPF?

Visita al turó de la Rovira, al turó del Carmel i al Parc Güell + esmorzar internacional de fi de trimestre

Próxima actividade: Barcelona 11/3/2017

Apuntádevos ás visitas guiadas!

Sabes que é...?

Casteller -a

Casteller -a

Persoa que participa na construción de castells.

Glosario