Glosario

  • Botifarra

    Embutido elaborado enchendo unha tripa con carne picada, xeralmente de porco, especias e sal.

    (Grilled sausages in a wooden bowl. Photo by User:Salimfadhley)

  • Caganer

    Figura popular do pesebre do Nadal en actitude de facer de ventre.

  • Calçot

    Cebola tenra cultivada especialmente para ser asada á brasa.

    (Calçots i salsa romesco. Autor: Txapulín / Txapulín Font: http://www.flickr.com/photos/txapulin/6311625/)

  • Calçotada

    Comida de calçots asados á brasa, mollados nunha salsa preparada a base de avelás, améndoas, allos asados, pan torrado, aceite e pemento, fundamentalmente.

    (Calçots a la graella Date=2003. Author: Roger Rué. Source: Own Work)

  • Castell

    Torre humana de dimensións e altura variables, formada por castellers subidos uns enriba dos ombreiros doutros, propia de certas festas populares.

    (3 de 10 dels Castellers de Vilafranca. Copyleft Creative Commons License From the web: http://www.nooficial.com/index.php)

  • Casteller -a

    Persoa que participa na construción de castells.

  • Correfoc

    Xogo de rúa en que a multitude corre para esquivar os fogos artificiais de dragóns, de diaños e doutros personaxes fantásticos.

    (Image from the Correfoc. Author:Dave Morris.)

  • Esqueixada

    Ensalada feita con bacallau ou atún esmigallados, leituga, tomate, olivas, etc.

    (Esqueixada, catalan cod salad. Source: http://www.flickr.com/phot)

  • La Mercè

    Nome co que se coñece a festa maior de Barcelona, ao redor da festividade da Mare de Déu de la Mercè (Virxe da Mercé), patroa de Barcelona, que se celebra o 24 de setembro.

    Gigantes en la Fiesta de La Mercè. Author: http://www.flickr.com/photos/g)

  • Samfaina

    Guiso que adoita servir de acompañamento feito con pemento, tomate, berenxena, cebola e cabaciño.

  • Sant Jordi

    Patrón de Cataluña cuxa festividade celébrase o 23 de abril. A festa de Sant Jordi (San Xurxo) é o Día do Libro e da rosa.

  • Sardana

    Danza catalá que bailan un número indeterminado de persoas collidas da man formando un corro.