Tes algunha dúbida ou suxestión?

Queres explicarnos a túa experiencia?

Sabías que...?

Os programas de acollida que hai en todas as universidades inclúen sesións de benvida, a aprendizaxe da lingua catalá, a posibilidade de ter unha parella lingüística con quen practicar a lingua que se aprende, ou a oportunidade de participar en saídas.

Testemuños

«Para abrir o meu ouvido e o meu sentimento, máis aló das palabras. Para entender que é e que non é un país ou unha fronteira. E, sobre todo, para gozar.»

Intercambio lingüístico

Que quero saber

  • Que é Intercat?

    Intercat é un conxunto de recursos electrónicos nunha contorna web —materiais didácticos, documentación sociolingüística e información sobre voluntariado lingüístico, entre outros aspectos— para introducirse na lingua e a cultura catalás, pensado especialmente para estudantes de programas de mobilidade que visitan as universidades de Cataluña.

    Contén tres apartados diferenciados:

  • Intercat é gratuíto?

    Si. Os cursos de catalán virtuais que ofrece Intercat son totalmente gratuítos, excepto a modalidade con titoría de Parla.cat.
  • Podo facer os cursos de Intercat se non son universitario?

    Si. Calquera persoa que queira aprender catalán pode seguir os cursos de Intercat. A plataforma Intercat creouse preferentemente para os universitarios estranxeiros que queren estudar en Cataluña, pero está aberta a todo o mundo.
  • Podo facer cursos presenciais de catalán nas universidades catalás sen ser universitario e obter o certificado oficial?

    Si. A maioría de universidades catalás ofrecen cursos presenciais de catalán e outorgan certificados equivalentes aos oficiais, aínda que non estudes na universidade. Consulta a oferta no apartado Aprendo catalán da plataforma Intercat.

    Os certificados que obterás se segues estes cursos presenciais expídenos as universidades catalás, tramítaos a Comisión Interuniversitaria de Formación en Lingua Catalá (CIFOLC) e están homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya.

  • Se sigo algún curso de catalán en Intercat, obterei o certificado oficial de coñecemento de lingua catalá?

    Os cursos de Intercat son ferramentas virtuais para aprender catalán de xeito fácil e ao teu ritmo pero non serven para conseguir automaticamente os certificados oficiais.

    As vías para conseguir os certificados oficiais de catalán atoparalas detalladas no apartado Aprendo catalán de Intercat.

  • Podo aprender catalán pola miña conta e despois examinarme para conseguir o certificado oficial?

    Si. A Dirección Xeral de Política Lingüística convoca cada ano as probas para acreditar os coñecementos de lingua catalá mediante unha resolución que se publica no Diario Oficial da Generalitat de Catalunya (DOGC), habitualmente antes de finais de xaneiro.

    Pódese presentar calquera persoa que teña dezaseis anos ou máis no momento do exame, de calquera nacionalidade, á marxe dos estudos que cursara previamente.

  • Onde podo conseguir modelos dos exames oficiais de catalán?

    Podes conseguir modelos de exames oficiais e información detallada sobre os trámites para inscribirte nas probas que convoca a Dirección Xeral de Política Lingüística na web Lengua catalana.

    Tamén atoparás modelos de exames na web da Comisión Interuniversitaria de Formación en Lingua Catalá (CIFOLC), no apartado dedicado aos certificados da CIFOLC.

  • Os estudos que cursei en Cataluña (títulos, diplomas, certificados...) equivalen a algún nivel oficial de coñecemento de lingua catalá?

    Para saber se os teus estudos equivalen a algún dos certificados oficiais de catalán tes que consultar a lista de Titulacións equivalentes aos certificados de coñecementos de catalán da Dirección Xeral de Política Lingüística.
  • Vivo fóra de Cataluña e quero aprender catalán. Onde podo ir?

    Ademais de utilizar as ferramentas virtuais de Intercat, podes seguir cursos de catalán presenciais en moitas universidades de todo o mundo. O Institut Ramon Llull, que é o organismo encargado de difundir a lingua e a cultura catalás no exterior, ten toda a información.
  • Vivo fóra de Cataluña e quero examinarme de catalán para sacarme o certificado oficial. Onde podo ir?

    O Instituto Ramon Llull convoca periodicamente probas de suficiencia en diversas cidades do mundo para obter os certificados internacionais de catalán. As probas son de diferentes niveis.

    Se queres máis información, accede ao web do Instituto Ramon Llull.

  • Quero aprender catalán e gustaríame practicalo con xente do país. Podo participar nalgún programa de intercambio lingüístico? Podo facelo se non estudo na universidade?

    Si. No caso de que non sexas universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua que organiza a Dirección Xeral de Política Lingüística, como aprendiz.

    Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo en calquera das universidades catalás, tamén podes participar nas diferentes actuacións de intercambio ou voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.

  • Son catalán falante e gustaríame participar nalgunha actividade para fomentar o catalán entre os recentemente chegados. Como o fago? Podo participar se non estudo na universidade?

    Si. No caso de que non sexas universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua que organiza a Dirección Xeral de Política Lingüística.

    Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo en calquera das universidades catalás, tamén podes participar nas diferentes actuacións de voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.

Se es estudante de mobilidade, esta app é para ti.

As universidades propoñen

Os estudantes internacionais da UB móvense

Visita al refugi antiaeri de la plaça del Diamant

Próxima actividade: Barcelona 7/3/2017

Acompáñaos!

Tes unha parella lingüística? Queres saír con ela e outros estudantes da UPF?

Visita al turó de la Rovira, al turó del Carmel i al Parc Güell + esmorzar internacional de fi de trimestre

Próxima actividade: Barcelona 11/3/2017

Apuntádevos ás visitas guiadas!

Sabes que é...?

Casteller -a

Casteller -a

Persoa que participa na construción de castells.

Glosario