Queres aprender catalán?

Niveis avanzados

  • Argumenta

    Argumenta

    Nivel: Suficiencia - Superior - Intermedio

    Obxectivos: Mellorar as competencias lingüísticas e comunicativas no ámbito académico e profesional. A maioría dos contidos de Argumenta son aplicables ao catalán, pero tamén a outras linguas.

    Competencias: Produción de todo tipo de textos orais e escritos formais propios do ámbito universitario, e consecución dun grao óptimo de competencia en calquera situación comunicativa.

    Modalidade: En liña.

    máis información

  • Parla.cat

    Parla.cat

    Nivel: Básico - Elemental - Intermedio - Suficiencia

    Obxectivos: Difundir recursos, ferramentas e materiais didácticos relacionados co ensino e a aprendizaxe da lingua catalá.

    Competencias: Desde comprender textos sinxelos e escribir textos breves utilizando un léxico básico, até entender textos argumentativos de distintos ámbitos e textos orais de ficción, expor oralmente argumentos en situacións formais e redactar correctamente textos argumentativos coherentes, ben cohesionados e adecuados á situación comunicativa.

    Modalidade: Libre: Permite a aprendizaxe totalmente autónoma, xa que os materiais son de libre acceso.
    Con titoría: Conta co apoio dun titor ou titora e é de pago.

    máis información

  • Como comunicar. Avalía a túa competencia comunicativa

    Como comunicar. Avalía a túa competencia comunicativa

    Nivel: Suficiencia – superior.

    Obxectivos: Mellorar a calidade das exposicións orais.

    Competencias: Produción de textos orais formais propios do ámbito universitario.

    Modalidade: En liña.

    máis información

  • 20 recomendacións para unha boa redacción

    20 recomendacións para unha boa redacción

    Nivel: Suficiencia – superior.

    Obxectivos: Garantir a calidade lingüística e a coherencia dos documentos institucionais e académicos que xeran as universidades.

    Competencias: Produción de textos escritos formais propios do ámbito universitario.

    Modalidade: En liña.

    máis información