Tes algunha dúbida ou suxestión?

Queres explicarnos a túa experiencia?

Sabías que...?

As universidades de Cataluña teñen como lingua propia o catalán.

Testemuños

«Porque Cataluña dá a benvida ás persoas do estranxeiro. É unha forma de agradecerllo. E, ademais, porque é unha lingua foneticamente moi divertida.»

Intercambio lingüístico

Romanica Intercom

Recurso que parte do enfoque Eurom4 (proxecto de catro universidades europeas) e que propón aprender de forma simultánea a ler en catro novas linguas (portugués, español, catalán, italiano ou francés). Toda a aprendizaxe baséase na bagaxe lingüística que temos como falantes dunha destas linguas románicas como lingua materna e na gran proximidade destas linguas entre si.

Atoparás unha gramática contrastiva, unha guía didáctica e un pequeno mostrario de textos preparados. As actividades son autoavaliativas.

URL:
http://www.romanicaintercom.com/

Nivel:

Adquisición do nivel A1 de comprensión oral e entre o B1 e o B2 de comprensión escrita.

Obxectivos:

Lograr autonomía na lectura de textos xerais en portugués, español, catalán, italiano e francés nun período de tempo bastante curto, entre trinta e corenta horas, desenvolvendo estratexias de lectura que nos permitirán un uso áxil das pasarelas lingüísticas que nos ofrecen as linguas románicas.

Destinatarios:

Dirixido a aquelas persoas que queren ensinar segundo este enfoque e ás que se dispoñen a aprender de forma autónoma.

Competencias:

Comprensión lectora de catro linguas románicas.

Modalidade:

En liña.

Elaborado polos Servizos Lingüísticos da Universidade de Barcelona, co apoio do antigo Departamento de Universidades, Investigación e Sociedade da Información.
Se es estudante de mobilidade, esta app é para ti.