Tes algunha dúbida ou suxestión?

Queres explicarnos a túa experiencia?

Sabías que...?

Os estudantes de programas de intercambio comparten as aulas cos estudantes cataláns.

Testemuños

«Porque Cataluña dá a benvida ás persoas do estranxeiro. É unha forma de agradecerllo. E, ademais, porque é unha lingua foneticamente moi divertida.»

Intercambio lingüístico

Parla.cat

Espazo que ofrece unha proposta formativa que se organiza en catro niveis e dúas modalidades de aprendizaxe. Pódense atopar vídeos, audios, xogos, actividades con animación... Ofrece, ademais, un glosario, transcricións, asistentes e un espazo de contido lúdico e cultural. Unha vez finalizados os cursos de Parla.cat, o alumnado lograría os coñecementos necesarios para optar ás probas oficiais da Secretaría de Política Lingüística que se organizan de forma presencial.

URL:
http://www.parla.cat

Nivel:

Básico - Elemental - Intermedio - Suficiencia

Obxectivos:

Difundir recursos, ferramentas e materiais didácticos relacionados co ensino e a aprendizaxe da lingua catalá.

Destinatarios:

Dirixido a persoas que se dedican ao ensino da lingua catalá e a toda persoa interesada en aprender o idioma.

Competencias:

Desde comprender textos sinxelos e escribir textos breves utilizando un léxico básico, até entender textos argumentativos de distintos ámbitos e textos orais de ficción, expor oralmente argumentos en situacións formais e redactar correctamente textos argumentativos coherentes, ben cohesionados e adecuados á situación comunicativa.

Modalidade:

Libre: Permite a aprendizaxe totalmente autónoma, xa que os materiais son de libre acceso.
Con titoría: Conta co apoio dun titor ou titora e é de pago.

Espazo creado pola Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, o Instituto Ramon Llull e o Consorcio para a Normalización Lingüística.
Se es estudante de mobilidade, esta app é para ti.