Guías en formato web

Acabas de chegar a Cataluña? Ou es catalán e marchas para unha universidade estranxeira?

Sexas de onde sexas e vaias onde vaias, queremos que goces desta experiencia e que aproveites cada instante da túa estancia. Por ese motivo, pomos ao teu alcance as guías de conversa universitaria, unha ferramenta excelente que che dará seguridade nas distintas situacións de comunicación en que te vaias atopando.

Nas guías de conversa poderás atopar desde as expresións de uso máis frecuente até os recursos lingüísticos máis prácticos á hora de atopar aloxamento ou de solicitar calquera trámite nos servizos públicos e comerciais.

http://www.intercat.cat/guia

  • Nivel:

    Inicial

  • Obxectivos:

    Axudar nos primeiros contactos e facilitar as relacións persoais.

  • Destinatarios:

    Dirixido especialmente a estudantes estranxeiros.

  • Competencias:

    Comprensión da lingua.

  • Modalidade:

    En liña ou en soporte papel.

As guías de conversa son bilingües e están adaptadas á contorna universitaria.

Se emprendes os teus estudos noutro lugar do Estado español, tamén atoparás unha guía multilingüe con todas as linguas oficiais: catalán - castelán - aranés - éuscaro - galego.

Proba a túa versión:

Todas as guías inclúen un dicionario básico que, de ben seguro, te será de utilidade.

Que goces da experiencia!

O material é de consulta e, alén da versión electrónica con son, tamén o podes atopar en edición impresa.

Elaboradas polos Servizos Lingüísticos da Universidade de Barcelona, co apoio do Secretaría de Universidades e Investigación do Departamento de Economía e Coñecemento.