Tes algunha dúbida ou suxestión?

Queres explicarnos a túa experiencia?

Sabías que...?

Os programas de acollida que hai en todas as universidades inclúen sesións de benvida, a aprendizaxe da lingua catalá, a posibilidade de ter unha parella lingüística con quen practicar a lingua que se aprende, ou a oportunidade de participar en saídas.

Testemuños

Antonio fixo tándem con Neus. «Esta actividade foi moi importante porque coñecín mellor a cultura e a lingua catalás. Ademais, pasei moi bos momentos co meu tándem e estou contento, xa que lle puiden axudar a falar mellor o italiano.»

Intercambio lingüístico

Guías de conversa

Acabas de chegar a Cataluña? Ou es catalán e marchas para unha universidade estranxeira?

Sexas de onde sexas e vaias onde vaias, queremos que goces desta experiencia e que aproveites cada instante da túa estancia. Por ese motivo, pomos ao teu alcance as guías de conversa universitaria, unha ferramenta excelente que che dará seguridade nas distintas situacións de comunicación en que te vaias atopando.

Nas guías de conversa poderás atopar desde as expresións de uso máis frecuente até os recursos lingüísticos máis prácticos á hora de atopar aloxamento ou de solicitar calquera trámite nos servizos públicos e comerciais.

URL:
http://www.intercat.cat/guia

Nivel:

Inicial

Obxectivos:

Axudar nos primeiros contactos e facilitar as relacións persoais.

Destinatarios:

Dirixido especialmente a estudantes estranxeiros.

Competencias:

Comprensión da lingua.

Modalidade:

En liña ou en soporte papel.

As guías de conversa son bilingües e están adaptadas á contorna universitaria.

Se emprendes os teus estudos noutro lugar do Estado español, tamén atoparás unha guía multilingüe con todas as linguas oficiais: catalán - castelán - aranés - éuscaro - galego.

Proba a túa versión:

Todas as guías inclúen un dicionario básico que, de ben seguro, te será de utilidade.

Que goces da experiencia!

O material é de consulta e, alén da versión electrónica con son, tamén o podes atopar en edición impresa.

Elaboradas polos Servizos Lingüísticos da Universidade de Barcelona, co apoio do Secretaría de Universidades e Investigación do Departamento de Economía e Coñecemento.
Se es estudante de mobilidade, esta app é para ti.